Descripción o resumen: As terras do Baixo Miño xeraron ao longo da historia unha enorme bagaxe de lendas e contos. Este libro recolle unha manchea deles a partir dunha recolleita colectiva ao coidado de Susana Casal Pérez e Xosé López González. Un volume, ilustrado por Xosé Luís de Dios, que é testemuña da intensidade dunha riqueza literararia e oral que, á vez que gozamos dela, estamos na obriga de preservar como un alicerce máis do noso patrimonio cultural.