Descripción o resumen: Este libro tituladoManuel María. Día das Letras Galegas 2016, como corresponde á marca da colección que a Universidade de Santiago de Compostela dedica cada ano á figura designada pola Real Academia Galega para a celebración das Letras Galegas, quere dar profundidade e a maior difusión á obra creativa de Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929-A Coruña, 2004), a través da edición facsimilar de dous cadernos e nove debuxos que mostran o traballo artesán dos seus versos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos. Con este obxectivo escolleuse, entre o material gardado no arquivo da Fundación Manuel María, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, tres conxuntos creativos que, citando segundo a orde da súa entidade literaria e non a cronolóxica, tal como aparecen nesta edición, son os seguintes: o caderno manuscrito autógrafoPoemas da luz resucitada, o caderno mecanoscritoNenia por Aquilino Iglesia Alvariñoe nove debuxos. Ditos orixinais son inéditos na súa forma concreta, no caso dePoemas da luz resucitada, inéditos en libro, no caso dos versos daNenia por Aquilino Iglesia Alvariño, e absolutamente inéditos, no caso dos nove debuxos.