Descripción o resumen: Roberto Vidal Bolaño. Dramaturgo, director teatral, guionista e actor foron algúns dos cometidos que Roberto Vidal Bolaño desempeñou ao longo da súa vida. Interesado primeiro polo cine pasou a formar parte do Equipo Lupa que daba os primeiros pasos tanto no cine como no teatro. Pasada a metade dos anos setenta, comeza a escrita teatral con obras que son recoñecidas co primeiros premios Abrente. Antroido ou Estaribel son algunhas das compañas polas que pasa e tamén é un dos autores escollidos para representar na primeira época do Centro Dramático Galego. Apartase do teatro para traballar como dobrador e guionista para televisión, e como actor en cine. Retorna cunha colaboración co CDG e coa compaña Chévere, para logo poñer en marcha a compaña Teatro do Aqu coa que representara os textos do que se considera a súa etapa de madurez, desde "Saxo Tenor" ata "Rastros".