Descripción o resumen: Nova edición, revisada polo autor, desta novela de aventuras e vida pacega publicada en 1996. Alcalá mergulla os lectores nunha historia na que as mensaxes codificadas, os espellos e o trasmundo configuran un universo de misterio narrado con verosemellanza e capacidade para engaiolar. Unha familia garda un segredo ao longo das xeracións, desde os tempos dun antepasado corsario.