Descripción o resumen: “O repenique de Beatriz Goldar” preséntasenos como unha obra amena e chea de elementos misteriosos. Mario, o protagonista, vai ver como en apenas uns meses a súa vida dará un xiro completamente radical. Na súa nova ocupación aparecerá unha muller enigmática e rodeada dun halo de estraña fermosura: o seu ulido, o seu camiñar, o seu estilo, a súa mirada, a súa faciana, todos son elementos que axudarán a romper os esquemas que ata entón tiña marcados Mario con respecto á muller.