Descripción o resumen: Caixón desastre (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor simbiótico, pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular.Esta edición de Caixón desastre, o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. De 10 a 11 A paixón segundo San Mateo é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; Aquí somos así, positivamente quizais sexa o preferido do autor, e Efecto astronauta cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.